James Clerk Maxwell

Infotaula de personaJames Clerk Maxwell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1831 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 1879 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Cambridge (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónSocialismo cristão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Trinity College
Edinburgh Academy (en) Traducir
Peterhouse (en) Traducir
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Director de teseWilliam Hopkins (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, mecánica, matemáticas, campo electromagnético, electricidade, magnetismo, fotografia colorida (pt) Traducir e Teoría cinética dos gases Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Aberdeen
Cambridge Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , físico teórico , mestre , fotógrafo , matemático , inventor , thermodynamicist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1860 Editar o valor em Wikidata - 1865 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorKing's College de Londres
Universidade de Aberdeen
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosArthur Schuster (pt) Traducir, John Ambrose Fleming (pt) Traducir, John Henry Poynting (pt) Traducir e Richard Glazebrook (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHorace Lamb (pt) Traducir e George Chrystal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKatherine Clerk Maxwel (1858–valor descoñecido)
PaisJohn Clerk-Maxwell of Middlebie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Frances Cay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJemima Blackburn (pt) Traducir (curmá entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1008534 Dialnet: 1961636 WikiTree: Maxwell-4898 Find a Grave: 16871396 Editar o valor em Wikidata

James Clerk Maxwell nado o 13 de xuño de 1831 en Edimburgo e finado o 5 de novembro de 1879 en Cambridge foi un científico escocés[1][2] no campo da física matemática.[3] O seu logro máis notable foi a formulación da teoría clásica da radiación electromagnética, que reúne por primeira vez a electricidade, o magnetismo e a luz como manifestacións dun mesmo fenómeno. Desde ese momento, todas as outras leis e ecuacións clásicas destas disciplinas convertéronse en casos simplificados das ecuacións de Maxwell. As ecuacións de Maxwell formuladas para o electromagnetismo chamáronse a "segunda gran unificación en física"[4] logo da primeira realizada por Isaac Newton.

Coa publicación de A Dynamical Theory of the Electromagnetic Field en 1865, demostrou que os campos magnético e eléctrico atravesan o espazo, en forma de ondas á velocidade da luz, tamén defendeu que a luz é unha forma de radiación electromagnética. Maxwell propuxo que a luz é unha ondulación no mesmo medio que é a causa dos fenómenos eléctricos e magnéticos.[5] A unificación da luz e os fenómenos eléctricos conduciu á predición da existencia das ondas de radio.

Maxwell é considerado por moitos, especialmente por aqueles que traballan no campo da física, como o científico do século XIX que máis influíu na física do século XX. Moitos consideran que as súas achegas á física son da mesma magnitude que as de Isaac Newton e Albert Einstein.[6] Ao final da enquisa do milenio, unha enquisa que pretende facer unha lista dos 100 físicos máis relevantes da historia, Maxwell foi votado como o terceiro físico máis grande de todos os tempos, só detrás de Newton e Einstein.[7] No centenario do nacemento de Maxwell, o mesmo Einstein describiu o traballo de Maxwell como a obra "máis profunda e máis frutífera que a física experimentou desde a época de Newton."[8] Einstein mantivo unha a fotografía de Maxwell na parede do seu estudo, xunto a fotografías de Michael Faraday e Newton.[9]

[Os traballos de Maxwell son] ... o máis profundo e proveitoso que experimentou a física desde os tempos de Newton.
Albert EinsteinThe Sunday Post[10]
  1. UK Parliament (ed.). "Early day motion 2048" (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. 
  2. The Science Museum (ed.). "James Clerk Maxwell". Londres. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2013. Consultado o 7 de novembro do 2015. 
  3. University of St Andrews (ed.). "Topology and Scottish mathematical physics" (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. 
  4. Nahin, P.J. (1992). "Maxwell's grand unification". Spectrum, IEEE 29 (3): 45. doi:10.1109/6.123329. 
  5. Maxwell, James Clerk (1865). "A dynamical theory of the electromagnetic field" (PDF). Philosophical Transactions of the Royal Society of London 155: 459–512. Bibcode:1865RSPT..155..459C. doi:10.1098/rstl.1865.0008.  (Este artigo forma parte da presentación de Maxwell á Real Sociedade o 8 de decembro 1864.)
  6. Tolstoy, Ivan (1981). James Clerk Maxwell: A Biography. Edinburgo: Cannongate. pp. 12. ISBN 086241010X. 
  7. bbc.co.uk, ed. (29-11-1999). "Einstein the greatest" (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. 
  8. McFall, Patrick. "Brainy young James wasn't so daft after all". The Sunday Post, 23 de abril de 2006
  9. Robyn Arianrhod. "Einstein's Heroes: Imagining the World through the Language of Mathematics". UQP, revisat per Jane Gleeson-White. The Sydney Morning Herald, 10 de novembro de 2003.
  10. McFall, Patrick (23 de abril do 2006). D.C. Thomson & Co Ltd, ed. "Brainy young James wasn't so daft after all". The Sunday Post (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. 

Developed by StudentB